La Cafetera 05xul2018
Xov | 08:30 | 09:49
Enrique Dans foi entrevistado en 'la Cafetera' de radiocable.com con motivo do “enésimo intento de toma de control da internet por parte dunha serie de industrias ás que non lles gusta como funciona”. Así explicou o obxecto da nova directiva europea de copyright que será votada no Parlamento Europeo. “É evidente que os dereitos de autor teñen que cambiar na era dixital”, afirmou. Porque é “un concepto durmido”.
E, en opinión de Enrique Dans, “hai que adaptar os dereitos de autor para que funcionen na era dixital, non ao revés”. Mentres, “están a tentar resistirse ao cambio da cadea de valor” aquelas “empresas que explotaban os dereitos de autor e que facían chegar unha parte minúscula ao autor”. O cal “tivo sentido durante moitos anos porque tiña sentido o que facían”, recoñecía Dans.