A Cafetera #19dic2016
Lun | 08:30 | 09:42
O Secretario Político e Portavoz no Congreso de Podemos, Íñigo Errejón, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com, onde dixo: "Non está mal facer confluencias con outras forzas que queiran o cambio, pero eu sigo sendo máis ambicioso. A unidade da esquerda non basta para recuperar o noso país para a xente, fai falta a unidade popular", asegurou. Errejón defendeu que "a unidade popular chega a xente que se cadra non se identifica coas etiquetas tradicionais, pero sí se identifica coa necesidade de protexer os salarios, de combater a precariedade e de blindar os dereitos sociais. E esa xente vén de moitos lugares", afirmou. Segundo Íñigo Errejón, "a idea de fundar un pobo é moito máis radical que a idea de recompoñer a esquerda".