La Cafetera #22feb2018
Xov | 08:30 | 10:08
A portavoz do Concello de Madrid, Rita Maestre, foi entrevistada en "La Cafetera" de radiocable.com sobre a polémica retirada da obra de Santiago Sierra (‘Presos Políticos’) en ARCO: “Tras a xunta para votar sobre esta cuestión -que se decidiu de forma unilateral-, forzamos unha votación que perdemos; dado que quen ten a maioría son a Cámara de Comercio e a Comunidad de Madrid -que votou a favor desta retirada-“.
Rita Maestre insistiu na falta de “capacidade para modificar esa decisión” por parte do Concello de Madrid. A que cualificou de “un tremendo paso atrás en liberdade de expresión e artística”.