La Cafetera 08xun2020
Lun | 08:30 | 10:12
O director de investigación de Infolibre, Manuel Rico, analizou en La Cafetera de radiocable.com a polémica polo protocolo que impedía o traslado de anciáns das residencias aos hospitais na Comunidad de Madrid durante a pandemia. Aínda que «a comunidade organizou unha campaña de desinformación dicindo que só existía un borrador», dixo, «é mentira». En Infolibre publicaron «todos os protocolos que deu a comunidade», polo que «queda claro que se estableceron eses criterios».