La Cafetera 19dic2018
Mér | 08:30 | 09:48
O correspondente de The Guardian en España Giles Tremlett foi entrevistado en 'La Cafetera' de radiocable.com a 100 días do Brexit. Tremlett é un dos británicos que ten “pedida” a nacionalidade española pero que se enfronta ao “atasco terrible en Xustiza” polo que “se tarda entre tres e catro anos”. Xa que “pasaron de ser 30 funcionarios a só dous os que manexan o tema”. De feito, están “a pedir ao goberno que poña máis xente para tramitar esas peticións porque para algúns lles vai a vida en iso”