
La Cafetera 24set2018
Lun | 08:30 | 09:47
Dará o Supremo carpetazo ao caso do master de Pablo Casado? La Cafetera de radiocable.com analiza cos seus oíntes esta cuestión e as reaccións políticas que tivo a información no resto de partidos políticos.
Desde Podemos Pablo Echenique criticaba que o líder popular marchara "de rositas", a actual ministra de Facenda María Jesús Montero comparaba o caso de Casado co da ex ministra Montón para pedir a dimisión do presidente do Partido Popular, asegurando que no seu goberno dimitiran dirixentes por "cuestións moito menores".
Como cada luns, o programa dedicou un espazo á ciencia da man de Ainhoa Goñi, quen analizou o anuncio do goberno da convocatoria de 2.000 prazas para novos investigadores. En concreto, para contratos predoctorais para a formación de doutores.