A Cafetera #08nov2016
Mar | 08:30 | 09:35
A xornalista de Univisión María Ramírez foi entrevistada na Cafetera de radiocable.com, onde analizou as eleccións que se celebran este martes en Estados Unidos: "Nesta campaña ao final vimos un movemento especial das votantes mulleres máis que a favor de Clinton, en contra de Trump. Converteuse nunha campaña onde realmente o voto das mulleres si vai marcar a diferenza, asegurou. Desde o último mitin de Clinton, Ramírez explicou: "Neste mitin hai moitas pancartas referentes ao feito de que Hillary sexa a primeira presidenta de Estados Unidos".
María Ramírez (entrevista a partir do minuto 10:55; duración 09:20) explicou que "nas últimas semanas desinflouse o liderado de Hillary Clinton, prexudicoulle moito a polémica dos seus emails, e tamén o que pasou é que parte dos republicanos que eran moi reticentes a Trump cando se achega a votación unha parte sí decide por Trump aínda que non sexa o seu favorito".