La Cafetera #12oct2016
Mér | 08:30 | 09:28
O reporteiro Hibai Arbide, dende Grecia, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com, onde lembrou que aínda hai "60.000 persoas atrapadas en 48 campos de refuxiados" no país. Pola súa banda, "a sociedade grega segue envorcada cos refuxiados", asegurou. "Os nenos empezaron a ir á escola, a pesar de que houbo un intento de Amencer Dourado de impedir a escolarización de nenos refuxiados", explicou Hibai Arbide (entrevista a partir do minuto 15:00). Por mor de ditas intencións "houbo escenas moi bonitas de pais que se quedaron facendo cordón de seguridade para previr ataques racistas", contou Hibai Arbide.