La Cafetera 04xul2018
Mér | 08:30 | 10:00
Cando xa vían o porto de Barcelona, o eurodeputado do PSC Javi López foi entrevistado en 'la Cafetera' de radiocable.com mentres viaxaba a bordo do barco Astral acompañando ao Open Arms, onde se atopaban as 60 persoas rescatadas no Mediterráneo. “Non é certo que se provoque un efecto chamada por salvar vidas no Mediterráneo”, dixo.
Javi López recorría tamén a “os fríos números” para desmentir “o efecto chamada”.”En todo o mediterráneo chegaron 50.000 persoas nos últimos meses”. E preguntábase: “De verdade Europa, con 500 millóns de habitantes, non é capaz de xestionar a chegada de 50.000 persoas?”. Esa “é a pregunta que nos temos que facer”, afirmou. “É o que temos que ser capaces de responder”