
La Cafetera 14mai2020
Xov | 08:30 | 10:41
Para a Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, o teletraballo «é clave». Nunha entrevista en La Cafetera de radiocable.com sinalou que «debe de proverse respectando os descansos de xornada, respectando os dereitos de conciliación e, por suposto, con medidas de prevención bastante estritas».E por suposto o dereito á desconexión. A ministra anunciou que «o Ministerio, con prontitude, desenvolverá lexislativamente esta medida». Cre, ademais, que «hai proximidade entre os grupos políticos» cara a este asunto.