La Cafetera 08mai2018
Mar | 08:30 | 09:45
Joan Tardà foi entrevistado en "La Cafetera" de radiocable.com, onde afirmou: “Unha vez aprobada a lei de presidencia, coñecida a posición do Consello de Estado e coñecida a posición do TC de aquí a unhas horas, entendo que o que deberiamos executar xa é a investidura dun president que poida ser investido”. Porque, engadiu: “O president Puigdemont é moi importante e o vicepresident Junqueras é moi importante, pero a xoia da coroa é o resultado electoral do 21D que nos permite avanzar no proceso de construción da República”. “Esta é a posición de ERC”, asegurou.