La Cafetera 16xan2018
Mar | 08:30 | 10:07
O líder de Catalunya En Comú Podem, Xavier Domènech, foi entrevistado en La Cafetera de radiocable.com, onde afirmou que “vai haber lexislatura e non haberá eleccións” en Cataluña.
“Paradoxalmente”, dixo, “pode ser unha lexislatura bastante aberta, onde debemos poder falar de cales son as grandes liñas”. Respecto da formación da Mesa do Parlament, Xavier Domènech informou de que Catalunya En Comú Podem non recibiron “ningún ofrecemento”.
A formación morada en Cataluña está “en contra desa investidura telemática” que Puigdemont ten en mente. Polo que a presidencia deste “non ten viabilidade futura agora mesmo” e “deberían propoñer un candidato alternativo”. Un candidato que, “parece que correspondería a Junts Per catalunya”.