A Cafetera #28dic2016
Mér | 08:30 | 09:28
O presidente da ARMH, Emilio Silva, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com, onde explicou a queixa interposta ante o Defensor do Pobo polo discurso de Nadal do rei Felipe VI, quen pediu "unha España de brazos abertos e mans tendidas, onde ninguén axite vellos rancores ou abra feridas pechadas". Un argumento que, dixo: "Chocounos moito que saíse da boca dun Xefe do Estado dun país onde hai miles de desaparecidos. Porque iso que chama rancor e reabrir feridas é o desexo de miles de cidadáns españois de enterrar aos seus seres queridos".