A Cafetera #30dic2016
Ven | 08:30 | 09:48
A obra de teatro "A Cociña", dirixida por Peris-Mencheta despídese de Madrid aclamada pola crítica. Sergio Peris-Mencheta foi entrevistado pola Cafetera de radiocable.com Vinte e seis persoas sobre o escenario traballando vertiginosamente nunha cociña ficticia, todo un reto de coreografía, de dirección e execución, que fixeron desta representación teatral unha experiencia dificilmente repetible sobre os escenarios: "a cociña en si é un espectáculo" -afirma o director. Pero é tamén un retrato do mundo laboral: "A besta" -a cociña, os fogóns na obra- "terminan fagocitando aos propios traballadores que acaban facendo, "como Chaplin, movementos mecánicos dunha cadea de montaxe".