La Cafetera #19feb2018
Lun | 08:30 | 09:58
Un dos bombeiros que foron detidos en Lesbos e que serán xulgados o vindeiro 7 de maio por suposto tráfico de persoas foi entrevistado en "La Cafetera" de radiocable.com. Manuel Blanco matizou que se lles "xulgará por tentar meter persoas que non teñen o permiso administrativo en solo griego". Blanco sinalou que todo apunta que son acusados de "tráfico de persoas en grao de tentativa", porque cando lles detienen non levaban "a ninguén na embarcación".