La Cafetera #17xan2018
Mér | 08:30 | 10:15
Flavia, unha das oíntes de La Cafetera de radiocable.com, foi entrevistada tras acudir o pasado decembro a Atenas como voluntaria no Centro Social Vitoria, que “dá para comer a 600 persoas refuxiadas ao día”. Trátase dun espazo social coordinado por SOS Refuxiados, unha federación de asociacións españolas. No Centro dan clases, teñen garderías, dáse leite e cueiros unha vez á semana, así como atención médica e clases de grego e inglés "para que tramiten os papeis”. O labor do Centro Social Vitoria xorde pola necesidade de ofrecer un espazo para aqueles refuxiados que foron “desaloxados dos campos”.