La Cafetera 12xan2018
Ven | 08:30 | 10:12
A activista pro Dereitos Humanos Helena Maleno está a ser xulgada tras ser acusada de fomentar tráfico de persoas ao alertar a Salvamento Marítimo de pateras na fronteira sur. O caso foi arquivado pola xustiza española, con todo a policía española trasladouno á xustiza de Marrocos. E agora Helena Maleno sente “nunha indefensión tremenda” xa que pode enfrontarse “a unha cadea perpetua”.
O mércores 10 de xaneiro foi preguntada no xuízo por “un dossier da policía española terrible e horroroso”. E asegura que “na investigación tamén participou Frontex”. O máis importante, dixo, é que “as verdadeiras vítimas de todo isto serán os e as inmigrantes e as compañeiras e compañeiros das Ong”.
Helena Maleno destacou que “se hai algo positivo” en todo o que está a sufrir é que “a cidadanía lle está dicindo ao goberno español que o dereito á vida está por encima do control migratorio”.