La Cafetera 27feb2018
Mar | 08:30 | 10:06
A alcaldesa de Barcelona está disposta a volver ser candidata de Barcelona En Comú nas eleccións municipais de 2019. Así o asegurou en "La Cafetera" de radiocable.com: “Se é útil que me volva a presentar (ás eleccións), claro que si”. “Decidirao a xente de Barcelona En Comú, pero eu mostrei a miña dispoñibilidade”- afirmou.
“Este é o século do feminismo e o municipalismo”, sinalou. E “en absoluto” pensa en saltar á política nacional. Á pregunta de se cre que lle volvería a apoiar o partido socialista no concello de Barcelona, contestou: “Sempre esperarei que volva ás políticas de esquerdas que, pola súa traxectoria, debe ter”.