La Cafetera #21mar2018
Mér | 08:30 | 10:00
Emilio Silva (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) foi entrevistado en "La Cafetera" de radiocable.com tras tombarse a reforma da Lei de Amnistía de 1977 en España. E asegurou que “globalmente a xustiza española dedicouse a prevaricar cunha trampa e é que unha amnistía dáse cando hai unha condena”. Pero, engadiu: “O que unha lei de amnistía non di é que non haxa que investigar eses crimes”. “O que se debatía no Congreso era que a xustiza sexa universal para todas as persoas que sufriron delitos”, explicou.