
La Cafetera 15mar2019
Ven | 08:30 | 09:32
‘José y Pilar’ foi a longametraxe elixida para analizar no videoforum semanal de 'La Cafetera' de radiocable.com. Un documental dirixido por Miguel Gonçalves Mendes que mostra o día a día do premio Nobel de Literatura José Saramago e a presidenta da Fundación José Saramago, Pilar del Río. “A máxima expresión de amor”. Así o resumía un dos oíntes do programa. ‘José y Pilar’ transmite ao espectador a combinación da serenidade del xunto á vitalidade dela. Ambos cunha mesma visión da vida, unha mesma conciencia do “tempo de vida”.