La Cafetera 04dic2017
Lun | 08:30 | 09:43
O coñecido sociólogo Boaventura de Sousa Santos foi entrevistado na Cafeteira de radiocable. com onde destacou o labor do actual goberno de Portugal que “demostrou que o neoliberalismo é unha mentira”. O executivo do socialista Antonio Costa, que goberna co apoio do Bloco de Esquerda e o Partido Comunista do país, é para o intelectual “unha solución que oxalá puidese ser a alternativa ás dereitas en Europa -que cada vez son máis agresivas-“.
Boaventura de Sousa asegurou que “o goberno de dereitas de Portugal dividiu e empobreció á sociedade” antes de chegar o novo goberno de esquerdas ao poder tras as eleccións do 2015 en Portugal.