
La Cafetera 16abr2019
Mar | 08:30 | 10:09
Na tarde do luns 15 de abril a catedral de Notre Dáme sufriu un grave incendio que derrubou o teito da nave principal e a agulla principal da catedral. En rigoroso directo medios de comunicación de todo o mundo retransmitiron as imaxes en chamas que acabaron con séculos de historia. Co titular ‘Notre Drame’ o diario Libération facía pública a súa portada sobre o incendio coa imaxe de fondo do momento en que a agulla da catedral esborrallábase invadida polas chamas. Unha imaxe que reproduciron numerosos medios a nivel global. As reaccións políticas tanto de Francia como do resto do mundo non se fixeron esperar. “Imos reconstruír a catedral todos xuntos”- dixo Emmanuel Macron dirixíndose á sociedade francesa.