La Cafetera #03xul2017
Lun | 08:30 | 09:46
Despois de 78 anos esperando, Ascensión Mendieta conseguiu enterrar ao seu pai, Timoteo, no madrileño Cemiterio Civil da Almudena na mañá do domingo 2 de xullo de 2017. Unha data difícil de esquecer para a filla do que fora detido, asasinado e apilado nunha fosa común en 1939. La Cafetera de radiocable.com estivo alí e conta como se viviu o final dun longo percorrido cara á dignidade de Timoteo Mendieta