
La Cafetera 10xul2018
Mar | 08:30 | 10:44
Jesús Domínguez, presidente da plataforma de vítimas do accidente do Alvia de Santiago (Galicia), é entrevistado en 'La Cafetera' de radiocable.com horas antes da Comisión de investigación no Congreso dos Deputados sobre o accidente ferroviario que provocou a morte de 80 persoas e 144 feridos. Unha traxedia que podería “non producirse, xa que “houbo un aviso por escrito do xefe de maquinistas a 10 altos cargos avisando do perigo e ninguén fixo nada”.
Sobre o audio do maquinista que se filtrou á prensa, Jesús Domínguez asegura que se filtrou “cortado”. Ao audio “vou a 190 e tería que ir a 80″ seguíalle “xa llo dixen ao de seguridade, como o vexa mátoo, isto é inhumano” . “Un audio cortado que llo entregan Rafael Catalá e Ana Pastor pola noite ao xuíz e fíltrase á prensa”.