A Cafetera #25xan2017
Mér | 08:30 | 09:18
A renda mínima é a que está a protagonizar o debate político actual en España. En contra situáronse o Partido Popular e Cidadáns. A favor outros partidos como PSOE e Podemos. Con todo, a proposta que realizou o PSOE non contou con Podemos, polo que a formación xa manifestou o seu enfado e queda pendente se sairá adiante a medida no Congreso dos Deputados. Pero, e unha renda básica?
Moitos son os argumentos en contra e a favor desta medida que xa está a ser obxecto de debate fóra de España e no noso país, onde o debate atópase en se mellorar a renda mínima de inserción ou non. Os oíntes do programa enviaron as súas opinións e creouse un debate paralelo á actualidade sobre a posibilidade de instaurar esa renda básica que están a probar noutros lugares como Finlandia e que efectos podería ter esta medida na sociedade.