La Cafetera #01xun2017
Xov | 08:30 | 09:37
A vicepresidenta valenciana, Mónica Oltra, fala na Cafetera de radiocable.com tras a petición do seu partido, Compromís, de atrasar a moción de censura presentada por Podemos no Congreso dos Deputados. "A Podemos pedímoslle tempo para que a moción de censura fose efectiva; non por querer ir máis rápido temos mellor resultado". Oltra cre que "hai que medir non só as estratexias de partido senón pulsar os ánimos da xente".
Mónica Oltra considera "absolutamente necesaria a moción de censura porque viaxamos cara a un estado errado con PP e a corrupción. A aplicación do dogma neoliberal levounos á situación actual", denuncia.