
Radio Cerna 20mar2019
Mér | 14:00 | 14:10
O estudantado galego botouse á rúa o venres 15-M, ante o chamado de Greta Thunberg, a estudante sueca de 16 anos que está a poñer na picota á clase política e aos gobernos de todo o mundo por "non facer nada para frear a crise climática". Os "Fridays for Future" chegaron tamén a Galiza, onde houbo convocatorias de folga en varias cidades galegas. O estudantado de Secundaria e universitario alenta á toda a sociedade a unirse a este movemento que reclama actuar xa.