La Cafetera #20xul2017
Xov | 08:30 | 09:55
O fotógrafo afincado en Melilla, Antonio Ruiz, fala da situación ao redor do valo fronteirizo en La Cafetera de radiocable.com: "O outro lado do valo é a nada, é o terceiro mundo e como a fame e a miseria non entenden de fronteiras seguirán saltando porque alén non hai nada".
A situación no valo de Melilla "perpetúase no tempo aínda que, claro, o foco mediático xa non é tan excesivo como en 2014 e 2015", afirma. Antonio Ruiz tamén valora as desafortunadas palabras do ministro Zoido sobre a inmigración. "Parécenme lamentables porque España asinou tratados internacionais e se queremos ser un país respectado non podemos ter un personaxe que faga semellantes declaracións. Hai unha serie de leis europeas que obrigan a acoller a persoas que están a buscar ese asilo", lembra.