La Cafetera 17xan2019
Xov | 08:30 | 09:39
O sociólogo e cofundador da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) Emilio Silva analizou a entrada de Vox no Parlamento de Andalucía na sección de memoria histórica de 'La Cafetera' de radiocable.com. Onde reflexionou sobre como, cando pensabamos que “o franquismo se había evaporado”, cando “sempre estivo aquí”. Para Silva, o franquismo deixou “unha especie de malformación democrática” pola que consideramos como “normais cousas que non o poden ser nunha democracia”. E agora, con “un partido sen complexos de extrema dereita” como Vox “empezamos a ver esa realidade que antes estaba camuflada”.