La Cafetera #06abr2018
Ven | 08:30 | 10:16
A portavoz do grupo parlamentario Unidos Podemos no Congreso dos Deputados, Irene Montero, foi entrevistada en "La Cafetera" de radiocable.com, onde asegurou que a decisión da xustiza alemá sobre a posta en liberdade de Carles Puigdemont “mostra que a estratexia do goberno está a ser un auténtico fracaso e está a poñer en risco a imaxe de España a nivel internacional”.
Irene Montero tamén se pronunciou sobre o máster que complicou a traxectoria política da presidenta da Comunidad de Madrid, Cristina Cifuentes: “Hai moito tempo que a Cifuentes debería de dimitir”. Con todo, recoñeceu: “Non confío en que o vaia a facer”.