![La Cafetera 13mai2021](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/11e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/609d1aa8c7-monica-oltra-1024x713.jpg)
La Cafetera 13mai2021
Xov | 08:30 | 09:55
La Cafetera de Radiocable.com entrevistaba á vicepresidenta da Generalitat Valenciana, Mónica Oltra, tras coñecerse que a súa comunidade lidera en España e en Europa a baixa incidencia de contagios. Con José Romero falou do avance da vacinación e en consecuencia, a diminución de mortes por covid-19. Coa presidenta da Fundación José Saramago, Pilar del Río, sobre o estado de responsabilidade no que debería estar toda a cidadanía cando o final da pandemia parece cada vez máis preto co avance da vacinación e con Emilio Silva, presidente da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, da suspensión do prazo concedido á familia Franco para retirar bens do Pazo de Meirás.