La Cafetera 08xan2019
Mar | 08:30 | 09:56
Mariluz Congosto, investigadora da Universidade Carlos III de Madrid especializada en análise de datos sociais, foi entrevistada en 'La Cafetera' de radiocable.com, onde sinalou que a popularidade dun partido político en Twitter non só crece ao “promocionar as súas ideas” senón que teñen tamén un papel importante quen tuitean “en contra de eles”. Porque contribúen a darlle “maior visibilidade”. Esta é unha das conclusións da análise que realizou sobre como se falaba nesa rede social de Vox. Congosto concluíu que os perfís “máis orientados á esquerda” falaban máis deste partido que “os de centro-dereita”.