A Cafetera #09ener2017
Lun | 08:30 | 09:37
O eurodeputado de ICV-EUiA, Ernest Urtasun, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com con motivo da posible e inminente aprobación do tratado de libre comercio entre Canadá e a Unión Europea (CETA). Un acordo comercial que, segundo as recomendacións da Comisión de Emprego á Comisión de Comercio Internacional, supoñería "a perda de 204.000 empregos na Unión Europea". Tamén augura dita Comisión que "vai aumentar a brecha salarial e que non apoia as pemes". Por este tipo de cuestións recomenda aos eurodeputados "votar en contra" deste tratado.