![Radio Cerna 05dic2018](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/8cd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5c07fad0b7-dtpy18pxqaadqxo.jpg)
Radio Cerna 05dic2018
Mér | 14:00 | 14:10
O Concello de Mos pretende expropiar parte de dous montes veciñais en ma común para construír enriba de solo rústico de protección forestal a futura Cidade Deportiva do Celta de Vigo e un centro comercial. ADEGA-Vigo e as comunidades de montes afectadas opóñense ao proxecto por consideralo un novo 'pelotazo' urbanístico, ademais dos seus potenciais impactos sobre o abastecemento de auga da veciñanza e sobre as formacións de bosque.