
Radio Cerna 17set2018
Lun | 14:00 | 14:10
O X Congreso Ibérico sobre Planificación e Xestión da Auga, celebrado pasados días en Coímbra (Portugal), no que houbo unha importante presenza galega, repasou os 20 anos de historia da Fundación Nova Cultura da Auga e sinalou os principais retos do presente. Un dos máis urxentes é esquecernos de vellas políticas despilfarradoras da auga e facer outras máis resilientes ao cambio climático. Desenvolve as conclusións do Congreso, Nuria Hernández Mora, especialista en gobernanza dos recursos hídricos e cofundadora da Fundación Nova Cultura da Auga.