
Radio Cerna 14mar2018
Mér | 14:00 | 14:10
O catedrático en Ecoloxía pola Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez, acudiu ao convide da Oficiña de Medio Ambiente da Universidade coruñesa para explicar en palabras sinxelas que é e que consecuencias ten o cambio climático para a nosa sociedade e ambiente. Cunha linguaxe amena, Fernández expuxo a súa visión da problemática mundial e sentenciou que, sen un cambio de sistema socioeconómico, será moi difícil superar o reto. Tamén analizou baixo unha mirada crítica o Acordo de París.