
Radio CERNA #17xul2017
Lun | 14:00 | 14:10
Nos vindeiros días, neste espazo de Radio Cerna, falaremos con concellos galegos libres de eucaliptos. O primeiro municipio galego en rexeitar o eucalipto a través de normativa local foi o concello de Sober, que desde hai máis de 8 anos, non admite en todo o termo municipal plantacións con esta especie. O concello de Sober, rexentado por un alcalde do PP, é unha das apostas locais máis decididas contra a proliferación desta especie.