
Radio CERNA #24xul2017
Lun | 14:00 | 14:10
Tamén algúns concellos rexentados por alcaldes socialistas se están animando a declararse "libres de eucaliptos". O concello do Grove, con grandes extensións ocupadas por esta especie, vén de declararse como tal, co ánimo de ir reconvertendo progresivamente o monte do municipio á floresta autóctona, coa colaboración das comunidades de montes. Pola súa banda, o Concello de Ames impulsa a substitución de faixas de protección arredor das vivendas, mudando o solo ocupado de eucaliptos por especies arbóreas autóctonas e frutais.