
Radio Cerna 09xul2018
Lun | 14:00 | 14:10
A asociación ecoloxista ADEGA lanza o seu programa de concienciación sobre residuos sólidos urbanos na comarca do Barbanza 'O lixo desde o teu concello'. Trátase dunha oferta ampla de actividades ás que se poden sumar entidades, asociacións, centros de ensino e calquera tipo de colectivos desta comarca nas que se aprenderá a reciclar, reducir e reutilizar de forma didáctica e divertida.