![Radio Cerna 12dic2018](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f12/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5c1157d4ec-duplbmaxqaeko2f.jpg)
Radio Cerna 12dic2018
Mér | 14:00 | 14:10
O Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes xurdía hai 15 anos en Santiago de Compostela para estudar, divulgar e concienciar sobre a fauna salvaxe. A piques de rematar este ano 2018, Radio Cerna fai un repaso á súa traxectoria co seu presidente, o biólogo e especialista en fauna salvaxe, Xosé Pardavila. GEAS está especializado no seguimento de mamíferos carnívoros e tamén realiza un inventario de animais mortos por atropelo na Península Ibérica.