Radio Cerna 06xun2018
Mér | 14:00 | 14:10
As persoas afectadas de forma máis directa polo pretendido proxecto mineiro de cobre de Atalaya Mining, a veciñanza de Touro e do Pino, alzan á súa voz contra a mina, que consideran a maior ameaza do seu medio de vida e do seu benestar. "Non queremos unha herdanza envelenada" é a proclama que encabezarán na manifestación do vindeiro domingo, 10 de xuño, en Santiago de Compostela, nunha mobilización social que pretende encher a Praza do Obradoiro. A poucos días de realizarse esta entrevista, ADEGA daba a coñecer un informe de Augas de Galicia no que se conclúe que practicamente a totalidade dos cursos de auga que rodean a antiga explotación de cobre amosan contaminación por metais pesados e alta acidez.