
Radio Cerna 18set2020
Ven | 14:00 | 14:10
Radio Cerna de ADEGA (preme no enlace para escoitar o programa) retoma a emisión de novos espazos informativos todos os venres co que acontece no medio ambiente galego. Esta semana abordan a actualidade sobre os incendios forestais de Ourense, as últimas novas sobre a expansión da Covid-19 e algunha iniciativa que se toma para afrontar a transición ecolóxica do país.