![Radio Cerna 04sep2017](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/ba6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5a25430fce-0ekkt5ct.jpg)
Radio Cerna 04sep2017
Lun | 14:00 | 14:10
O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado que estaba a recibir Miguel, tratado como terrorista ambiental, cando a causa do lume de 1 hectárea na súa parcela se debeu a unha imprudencia e non a un acto deliberado. Un día despois da súa saída, Miguel concedeu unha entrevista a Radio Cerna que reproducimos a continuación.