
Radio Cerna 10out2018
Mér | 14:00 | 14:10
A Rente de Chan- Pladever, xunto con ADEGA e AEMS Ríos con Vida, veñen de pedir a extinción da concesión de auga para o aproveitamento hidroeléctrico Ponte Inferno do río Verdugo e a posterior demolición da presa. A central leva 115 anos explotando sen interrupción o río Verdugo, malia as deficiencias legais e tecnolóxicas que padece e que, segundo Pladever, nunca foron solventadas. De derrubarse, esta sería a primeira presa hidroeléctrica eliminada do río Verdugo, un efluente que agora tamén se ve ameazado pola proposta do seu transvasamento cara o encoro de Eiras.