
Radio Cerna 21mai2018
Lun | 14:00 | 14:10
O vindeiro 28 de maio remata o prazo para alegar ás modificacións introducidas polo Concello de Curtis no seu plan urbanístico xeral. Os cambios eliminan a protección especial de solo rústico agropecuario e de especial valor paisaxístico de toda a súa superficie municipal. Mentres o Concello xustifica esta mundanza urbanística na necesidade de reordenar os usos dos solos do municipio a través dun Plan de Cultivos, o Sindicato Labrego Galego advirte que o Concello está a poñer en risco a sobrevivencia dos solos con vocación agrogandeira fronte o cultivo de eucaliptos e o asentamento de industrias con grande impacto sobre o territorio.