
Radio Cerna 28nov2018
Mér | 14:10 | 14:20
A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impacto potencial sobre o Camiño Francés de aprobarse a reapertura da mina Touro-O Pino. E colectivos como a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago ou o Foro do Camiño Primitivo chaman tamén a atencións sobre a perda de identidade e do carácter tradicional das vías de peregrinación por mor das obras de "acondicionamento" da Axencia Galega de Turismo. Así mesmo, tamén lamentan o abandono e a falta de implicación das autoridades locais e autonómicas na preservación e posta en valor dos Camiños de Santiago.