
Radio Cerna 30xul2018
Lun | 14:00 | 14:10
Neste ano 2018 entra en vigor a directiva europea que eleva de 200 a 300 bq/m3 o nivel de concentración de gas radón permitido en vivendas. A medida afecta especialmente a Galiza, onde se concentra o 33% das medicións deste tipo de radioactividade. Paralelamente, o laboratorio de radón de Galiza vén de ampliar o mapa galego de gas radón. Sen embargo, malia a albiscarse avances na normativa, os gobernos galego e estatal seguen sen tomarse en serio este problema, que para a nosa saúde representa o segundo factor de risco de cancro de pulmón.