![Radio Cerna 16feb2024](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/38b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/65cde49529-58d17293c7-radiocerna.jpg)
Radio Cerna 16feb2024
Ven | 14:15 | 14:25
Un dos temas que ocupan esta semana o boletín de novas de Radio Cerna refire á querela de ADEGA contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Tamén falan da resposta do executivo galego diante da chegada de pellets ás costas e das consecuencias do desxeo en Groenlandia.
(Preme na ligazón para escoitar)