
Radio Cerna 23xul2018
Lun | 14:00 | 14:10
Ao rexeitamento social contra o vertedoiro de Grixoa e da mina de Touro súmase a negativa veciñal á unha nova instalación de residuos na mesma comarca, no lugar de Casalonga, no concello de Teo. Un proxecto que se presenta como planta de reciclaxe de residuos de orixe animal, puríns e lodos e que os veciños temen que mude nun vertedoiro máis na comarca de Compostela. A plataforma Casalonga Limpa de Residuos encabeza esta oposición social á que tamén se suman o Concello de Teo e outros Concellos limítrofes. O debate actual está en como se pode parar a tramitación do proxecto antes de que acade a avaliación ambiental integrada por parte da Consellaría de Medio Ambiente.