Radio Cerna 17out2018
Mér | 14:00 | 14:10
O vindeiro venres e sábado, 19 e 20 de outubro, terá lugar en Galiza a VII Limpeza simultánea das praias galegas, organizada por ADEGA. O voluntariado ambiental sairá de novo ao litoral galego para recoller residuos que están a facer un grave dano á fauna mariña e á contorna ambiental, pero que tamén acaban inxerindo as persoas a través da cadea alimentaria. Itziar Díaz, educadora ambiental de ADEGA, dá conta dos detalles da actividade neste espazo de Radio Cerna.